CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Alicia Villegas: "Regreso ao Ensino de Lugo no mellor momento da miña carreira"

30/05/2020 - 17:29 h

Semana intensa no Ensino de Lugo. O único representante galego da Liga Feminina Un de Baloncesto anunciou saídas, renovacións e reforzos. O segundo destes será o de Alicia Villegas, que volve dous anos despois.

"Regreso ao Ensino de Lugo no mellor momento da miña carreira. Foi un ano estupendo o que pasei aquí, deixei amigas e teño unha gran lembranza. Sei que a afección está contenta. Eu xogo para gozar".

Villegas ten 26 anos e regresa tras unha gran temporada na LF2: "Pasar unha grave lesión nos meus comezos fíxome madurar. A verdade é que son nova, pero xa me sinto algo veterana, non moito tampouco".