CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Falamos co padexeiro tudense Manu Garrido, emprendedor hostaleiro en tempos de crise

30/05/2020 - 17:10 h

Neste tempo de confinamento, o Galicia en goles conversou con persoeiros vencellados ao deporte que nos contaron as súas experiencias. Hoxe a quenda é do padexeiro tudense Manu Garrido. Ademáis de medallista mundial, é emprendedor hostaleiro. 

Garrido falou sobre o regreso aos adestramentos. "Botabamos de menos remar na auga. Estamos comenzando a adestrarnos a baixo ritmo porque non sabemos a que nos imos preparar, non sabemos se haberá competicións ou non. O que non hai é presión. Con esta calor hai que madrugar para adestrarse. Ás oito da mañá é boa hora, antes de que quente o sol".

Ademais, Garrido é hostaleiro. Aínda que pareza raro, aproveitará esta situación para expandir o negocio.

"A hostalería é outra das miñas paixons. Estamos pensando ampliar o negocio. Coas novas normativas queremos dar un paso adiante, arriscar, para manter os postos de traballo.Temos previsto abrir en xullo. Quizáis non é o mellor momento. Pero somos unha familia. Dende o noso local vemos o río, temos unha fermosa paisaxe".

Outra das novas paixóns que ten é a de facer cafés. Hai máis ou menos presión que na piragua?: "Son barista, tamén. Teño máis nervios facendo cafés que competindo. É un mundo tamén espectacular. Entrei nel pouco a pouco e gustaríame crecer nel. É un mundo moi descoñecido e moi amplo".