CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Ander Cantero: "Os porteiros teremos que afacernos a xogar sen público e que se escoiten as nosas ordes"

29/05/2020 - 21:52 h

O comezo da Liga de fútbol está máis preto. Os conxunto galegos afrontan a recta final desta mini pretemporada para chegar nas mellores condicións posibles ao treito final da competición.

Polo Galicia en goles pasou o porteiro do Lugo Ander Cantero: "Xa tiñamos ganas de volver adestrarnos. É certo que mantivemos unha boa forma, pero xa comezaba a cansar. Creo que chegamos mellor fisicamente que cando volvemos no verán, que estamos máis desconectados  e menos pendentes da nosa forma".

O cancerbeiro do conxunto da muralla valorou a parada competitiva e como será ese novo fútbol que chega dentro de dúas semanas.

"É certo que cando todo parou estabamos en boa liña, pero agora toca poñerse de novo as pilas para tentar canto antes conquerir a permanencia.  Será un fútbol sen público, raro, pero teremos que afacernos canto antes. Ademais, os porteiros temos que acostumarnos. Agora escoitarase todo, as nosas ordes, temos que telo en conta".