CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Anquela: "Tivemos erros impropios dun equipo como o Deportivo. Encaixamos moitos goles e iso é un grave problema"

25/08/2019 - 21:29 h

O Deportivo da Coruña caeu por 3 goles a 1 ante o Huesca no Alcoraz e o seu adestrador, Juan Antonio Anquela, amosouse contrariado polo xogo e as facilidades amosadas.

"Tivemos erros impropios. Eles foron mellores, pero nós demos facilidades. Os 3 goles son erros nosos".

O técnico do conxunto coruñés non quixo personalizar culpas.

"Non é cuestión de individualizar, os erros foron de todos, eu o primeiro. Temos que analizar e mellorar porque así non podemos competir. Tivemos unha pequena reacción no segundo tempo, pero foi pequena".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí