CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Felipe Miñambres: "Seguro que haberá movementos no mercado ata o peche, non só no noso equipo, senón tamén nos demais"

25/08/2019 - 14:34 h

O director deportivo do Celta atendeu o Galicia en goles no descanso do encontro que o filial, o Celta B, disputou en Madrid ante o Inter.

Alí destacou a importancia do triunfo do primeiro equipo, onte, ante o Valencia.

"É unha vitoria moi importante porque chegabamos dunha mala temporada, con moitas derrotas, e se nos primeiros partidos xa perdes podes entrar no mesmo bucle. Gañar aumenta a moral de todos e a ilusión para afrontar un inicio duro de calendario".

Miñambres tamen opinou sobre o peche do mercado, tres xornadas despois do comezo da temporada, e anuncia movementos.

"É unha situación rara, é así sempre e non está ben. Danse situacións extrañas coa competición en liza e o mercado aberto. Seguro que haberá movementos, non só no Celta, tamén nos outros equipos".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí