CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Tere Portela: "Día moi especial para min porque a igualdade era brutal. O obxectivo eran o billete para os XX.OO."

24/08/2019 - 14:31 h

A padexeira canguesa Tere Portela pasou polo Galicia en goles mediodía para avaliar a súa fazaña: 18ª medalla nun Mundial (bronce hoxe na proba de K1-200 metros en Hungría) e o máis destacado o billete para os Xogos Olímpicos de Toquio.

Portela será a primeira deportista española en disputar, se nada se torce, seis olimpíadas consecutivas.

"É un día moi especial. A igualdade era máxima e todo podía pasar. Viña co obxectivo do pase a Toquio e acadouse", confesou a canguesa, que tivo que agardar varios minutos para coñecer se os tempos definitivos lle asignaban o bronce que compartiu coa danesa Jorgensen.

"Nunca me pasara na vida. Todo estivo moi xusto. Sabía que a praza olímpica estaba conseguida, pero non a medalla. Cando mo dixeron, estoupei".

Tere Portela deu a súa receita para converterse en historia do noso deporte, compaxinado nas últimas 3 decadas coa sua faceta como estudiante, nai e empresaria.

"En todo na vida vou paso a paso. Con tranquilidade e poñendo obxectivos inmediatos. Saíume ben con traballo".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí