CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Luísa Domínguez, responsable de natación de CGTD: "As normativas das piscinas son demasiado restritivas para os clubs pequenos"

24/05/2020 - 19:33 h

Mañá Galicia entra na fase 2. As piscinas volven abrir, e isto beneficiará moitos clubs galegos de natación. Hoxe falamos coa responsable desta área do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, Luísa Domínguez, que leva xa uns días con permiso para adestrarse.

"Collemos con moita ilusión a volta á auga dos deportistas profesionais. Cada vez que sae o BOE temos que andar interpretando. Había moitas dúbidas. Cada BOE tentabamos resolver dúbidas coa Secr. Xeral e esta co CSD. Os centros de alto rendemento e a residencias están cunhas duras condicións, con habitacións individuais e sen compartir baño. Creo que as competicións non volverán ata a temporada que vén".

Domínguez falou tamén das medidas coas que se pode volver á actividade nas piscinas.

"Adestrámonos en dúas quendas, un nadador por estaxe. Non sei como farán os clubs pequenos. Creo que non dan feito. Non entendemos que non poidamos meter dez nadadores nunha piscina e si estar nunha terraza. Están afundindo os clubs. Se non se mellora, isto vai ser a fin".

Sobre a condición física dos deportistas valorou: "As sensacións que perdes en 2 semanas son case as mesmas que perdes en 4 ou 5. Agora, tras regresar, estamos vendo que os rapaces chegaron ben. Temos tino para evitar lesións. Hai menos volume de traballo e moi progresivo".