Galicia en Goles
Volve escoitar 'O faladoiro': a volta do fútbol, sen público nos estadios
O presidente da UEFA, Aleksander Ceferin, declarou esta semana que agarda poder ter público nos estadios nos vindeiros meses. Co anuncio por parte do Goberno español do posible regreso da competición a partir da semana do 8 de xuño, volve o debate sobre a presenza dos afeccionados nos campos.
Víctor López aposta por abrir os estadios a unha parte proporcional dos socios, sempre gardando as medidas de seguridade, para crear ambiente no estadio e permitir a algúns seareiros gozar da competición.
Falamos sobre esa posibilidade en O faladoiro do Galicia en goles.