CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Moncho Fernández: "Esta Copa Galicia gañouse dende a defensa"

22/09/2019 - 16:13 h

O Obradoiro sumou a súa novena Copa Galicia de baloncesto tras derrotar na final, desputada esta mañá no Pavillón da Raña de Marín, ao COB por 89 a 65.

Moncho Fernández deu as chaves do encontro: "O partido e o triunfo cimentouse na defensa, que nos permitiu paralos e crear xogadas de ataque rápido". 

O técnico de Pontepedriña deulle valor a este trofeo: "Isto xa é oficial. Hai xogadores novos que sumarán moitos títulos na súa carreira, pero éste é o primeiro , e o primeiro sempre é especial".

Moncho recoñeceu que o equipo está preparado para o debut ligueiro, no Sar o venres ante o Barcelona, partido que poderán escoitar no Galicia en goles.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí