CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Manu Sánchez: "Fomos superiores no primeiro tempo, pero non aproveitamos as ocasións"

22/09/2019 - 15:31 h

O Deportivo segue imbatido na Superliga femenina de fútbol. O conxunto dirixido por Manu Sánchez empatou a 1 en Abegondo ante o Tenerife Granadilla, 4º clasificado a temporada pasada.

O técnico branco e azul valorou o partido das súas pupilas: "Fomos mellores no primeito tempo pero non aproveitamos as ocasións. logo a súa fortaleza física fixoo máis difícil. É importante seguir sen perder".

Manu Sánchez tamén quixo destacar a madurez que está adquirindo a pasos axigantados o seu equipo: "Dende que nos enfrontamos a elas (Granadilla) no Teresa Herrera, tivemos unha gran evolucíón. Estamos máis maduras, imos polo bo camiño".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí