CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Paula Mayobre, vencedora da Carreira da Muller na Coruña: "Gañar é o de menos, o importante é que cada vez somos máis mulleres"

22/09/2019 - 15:14 h

Paula Mayobre, vencedora da Carreira da Muller na Coruña pasou polo Galicia en goles para valorar esta senlleira cita atlética.

"O percorrido polas rúas coruñesas é espectacular. Estamos avanzando moitísimo no deporte e do atletismo femenino. É moi importante que cada vez esteamos máis mulleres na rúa facendo deporte".

Mayobre recupera a vitoria que xa acadara no ano 2017.

"O triunfo non é o importante, senón a cita e a festa que vivimos cada ano. Creo que chegaremos ata as dez mil inscritas".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí