CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Eloy Jiménez: "É moi positivo sumar fóra para facernos fortes na casa"

21/09/2019 - 20:55 h

O técnico do C. D. Lugo, Eloy Jiménez, valorou en sala de prensa o empate conseguido na Romareda 0 a 0 ante o Zaragoza.

"Sumar é bo. Sobre todo nestes campos tan esixentes. Faltounos balón, pero tamén tivemos as nosas ocasións. Creo que o empate é merecido".

O Lugo xa é o rei do empate, con 5 igualadas en 7 xornadas. Jiménez falou sobre a faceta defensiva.

"É importante deixar a porta a cero. Xera confianza no equipo. Hai que facerse forte á casa".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí