CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Eloy Jiménez: "Os tres puntos son importantes para recuperar moral"

19/10/2019 - 20:08 h

O técnico do C.D. Lugo compareceu ante os medios de comunicación tras a vitoria do equipo lucense por 3 goles a 2 ante o Huesca, no Anxo Carro.

Eloy jiménez destacou o valor anímico do trunfo: "É importante volver gañar na casa, facernos fortes e recuperar sensacións, sobre todo tendo en conta o rival que tiñamos diante".

O técnico do conxunto da muralla analizou o partido, mediatizado polas expulsións: "No primeiro tempo estivemos moi ben. No segundo sabiamos que eles sairían moi forte. Coa nosa expulsión todo se puxo en contra. Cando quedamos de novo dez contra dez fomos quen de recuperarnos e marcar ese gol".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí