CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Pepe Méndez, presidente da Federación de Peñas do Celta, analiza a invasión celeste deste domingo en Vitoria

18/10/2019 - 20:41 h

Pepe Méndez, presidente da Federación de Peñas do Celta estivo no Galicia en goles para analizar a que será a primeira gran viaxe de afeccionados olívicos esta temporada.

Máis de trescentos seareiros desprazaranse a Vitoria para asistir ao encontro que o R. C. Celta desputará ante o Alavés en Mendizorroza, o domingo ás 12 do mediodía.

A maioría destes afeccionados viaxan na mañá do sábado e pasarán a noite na capital vasca. Despois do encontro regresarán a Galicia, agardan que con tres puntos no peto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí