CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Este sábado, os partidos do Celta, Dépor e Lugo, no 'Galicia en goles'

18/09/2019 - 21:08 h

O Galicia en goles do bado é unha sesión continua de fútbol. Desde as tres da tarde, Xoán Galán dirixe as retransmisións dos partidos dos equipos galegos que compiten na Liga de Fútbol Profesional.

O primeiro en saltar ao céspede é o Deportivo da Coruña, que visita o Cádiz no Ramón de Carranza. Os dous tiveron unha mala xornada entre semana, xa que o Cádiz foi goleado en Alcorcón, mentres o equipo herculino deixaba escapar a vitoria encaixando dous goles do Numancia nos minutos finais. Javi Torres contará desde a taciña de prata este encontro, arroupado polos comentarios de Pablo Cortés.

En canto remate o Cádiz-Depor comezará o Zaragoza-Lugo na Romareda. O equipo maño non xogou o mércores pola intoxicación dos xogadores do Fuenlabrada, mentres o Lugo disputou o derbi dos Ancares con empate final a dous goles, tras ir gañando 2-0. Andrés Vieites encargarase de trasladar á audiencia todo o que suceda no terreo de xogo.

O último en saír ao campo é o Celta, media hora despois que o Lugo, co partido no Metropolitano ante o Atlético de Madrid. Os colchoneiros salvaron un empate ante a Juventus na Champions despois de ir perdendo 0-2. Se cadra o sobreesforzo europeo pode pasarlle factura ao conxunto do Cholo Simeone e aí o equipo galego pode ter opcións para recuperar os puntos perdidos fronte ao Granada. Roberto Carlos Carballo narrará os noventa minutos de xogo, cos comentarios dos especialistas José Valtierra e Jorge Paz.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí