CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Este mércores, a Liga de segunda na Radio Galega

15/09/2019 - 15:03 h

Continúa a Liga de fútbol e este mércores a Radio Galega ofrece unha edición especial de Galicia en goles.

Desde as sete menos cuarto da tarde, Paco Santos conduce as retransmisións dos partidos da sexta xornada do campionato da segunda división.

O Club Deportivo de Lugo recibe no Anxo Carro a Ponferradina co obxectivo de encadear a segunda vitoria consecutiva do curso. O Deportivo, mentres, xoga en Riazor ante o Numancia coa confianza que deu o empate obtido en Xixón na última xogada do encontro.

Cando rematen os partidos, ás once da noite, Pedro Pablo Alonso ofrecerá as opinións dos protagonistas das dúas citas futbolísticas nunha nova edición de Ao contraataque.

As dúas emisións deportivas chegan á audiencia a través da Radio Galega na FM, na TDT, na web radiogalega.gal e tamén se poden seguir desde a aplicación para o móbil.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí