CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Escribá sobre a polémica do VAR: "Isto non é fútbol. Non pagaría por ver un partido de 11 contra 8 ou 9 xogadores"

15/09/2019 - 18:21 h

O adestrador do R. C. Celta valorou esta tarde a derrota do conxunto vigués ante o Granada por 0 a 2, nun partido marcado polas decisións do VAR, con dúas expulsións a xogadores olívicos no primeiro tempo.

"Isto non é fútbol. Eu non pagaría por ver un partido de 11 contra 8 ou 9 xogadores. Así desvirtuamos este deporte. Nas charlas cos árbitros xa lles dixemos que esta norma daría problemas".

A pesar disto, Escribá amosouse satisfeito co esforzo dos seus xogadores: "Estou contento co seu traballo. Fixeron o que puideron. Non podiamos xogar en combinación, senón buscando accións individuais. Queiramos chegar vivos ao final".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí