CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Daniel Guerrero, adestrador do PM Friol: "Nunca buscarei escusas. A culpa da derrota non é da viaxe"

14/09/2019 - 15:36 h

O PM Friol caeu por 5 a 2 na segunda xornada da segunda división femenina de fútbol ante o Seagull de Badalona.

O conxunto lucense tivo que viaxar esta mesma mañá para xogar ás 13h, pero o técnico Daniel Guerrero non pon escusas.

"A viaxe non ten que ver coa derrota. Comezamos mal o partido e regalamos os primeiros goles".

Guerrero confía en mellorar en vindeiras xornadas.

"Temos marxe de mellora e confío en corrixir erros".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí