CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Carlos Padín: "En 25 anos de carreira, o Pontevedra con Gay foi o meu mellor ano"

13/09/2019 - 23:40 h

O futbolista catoirense Carlos Padín vivirá hoxe un día moi especial. O clube da súa vila organizará un triangular, homenaxe ós seus 25 anos de carreira.

Galicia en goles estará na vila pontevedresa para vivir esta emotiva data para un xogador que marcou unha época no fútbol galego.

Padín pasou onte polos micrófonos da radio Galega para repasar toda a súa traxectoria deportiva "O meu mellor ano foi no Pontevedra  con Jose Aurelio Gay de adestrador"

Así mesmo, a longa carreira permitiulle ver e coñecer a moitos dos que agora son protagonistas na elite, incluso coma técnico: "Nas categorías inferiores do Catoira tivemos a Íker Losada. Pídolle ao Celta que non se esqueza del, porque ten moito potencial". 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí