CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Moncho Carnero "Perdín a conta de todolos centros de Estupiñán. O Celta reaccionou tarde"

11/07/2020 - 19:21 h

O Celta desaproveitou a primeira oportunidade de acadar a salvación virtual tras caer no desconto no Sadar por dous goles a un. 

O analista do Galicia en Goles Moncho Carnero amosou o seu malestar co partido amosado polo conxunto olívico "os primeiros quince minutos foron bos pero logo esvaeceu todo o xogo. Eu, salvo o día do Vilarreal, había tempo que non sufría tanto. Non se xogou ben, contei moitas xogadas de Estupiñán, unha tras outra, e tardamos moito en reaccionar. Entrou Kevin para poder paralo pero tampouco puido"

 

Sobre as declaracións en roda de prensa de Óscar García, Carnero tamén foi crítico "Non entendín os trocos do adestrador. Agora só toca gañar ante o Levante. Hai que acadar os 3 puntos e pensar xa na seguinte temporada"