CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Óscar García: "Fixemos boa primeira parte, pero o gol de Messi matounos"

09/11/2019 - 23:08 h

O Celta caeu por 4 goles a 1 na estrea de Óscar García Junyent coma adestrador olívico. 

Messi foi o gran protagonista, con 3 goles, dous deles de falta directa: "Na primeira parte estivemos ben, gustoume o equipo. Na segunda xa nos custou máis. O gol de Messi ao fío do descanso matounos".

A pesar da abultada derrota, Óscar ve aspectos positivos: "Pola derrota non estou contento, pero é verdade que fixemos cousas ben. Temos nivel para ser máis valentes co balón, pero quedo co positivo".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí