CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Álex López: "Eu traballo para entrar no equipo. Logo é o míster o que decide. Teño a cabeza forte"

09/11/2019 - 20:24 h

O Lugo sumou o segundo trunfo consecutivo tras derrotar ao Albacete por 0 a 1 no Carlos Belmonte.

O autor do tanto lucense, Álex López, pasou polo micrófono do Galicia en goles: "Vexo o bo movemento de Cristian e póñome en posición para recibir. Non sei como lle dou, pero o importante é que o gol entra".

O xogador cedido polo Español volvía gozar de minutos nunha temporada en que Eloy Jiménez está apostando por el menos do agardado.

"Eu traballo todos os días para xogar. Logo é o míster o que decide e temos que respectalo".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí