CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Óscar García: "Hoxe o fútbol devolve o que mereciamos outros partidos"

09/02/2020 - 20:53 h

O Celta gañou in extremis ante o Sevilla por dous goles a un e sae dos postos de descenso.

O equipo olívico remontou o tanto inicial sevillano na recta final do encontro, con goles de Aspas e Pione Sisto, éste último no minuto noventa.

O técnico Óscar García avaliou os tres puntos acadados: "Agardo que sexa un punto de inflexión. Hoxe o fútbol devolveunos o que noutros partidos nos quitaba. Pione pode darnos moito e hoxe, afortunadamente, marcou o gol do triunfo".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí