CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Dani Giménez: "Estamos na boa onda, sáenos todo"

09/02/2020 - 14:11 h

O Deportivo suma e segue. O conxunto coruñés derrotou o Alcorcón por cero goles a un e encadea sete vitorias consecutivas.

O tanto do trunfo foi obra de Koné na última xogada do encontro. Dani Giménez valorou esta boa xeira dos brancos e azuis.

"Estamos na boa onda, sáenos todo. Defendemos ben, estivemos seguros e aproveitamos a nosa ocasión".

O conxunto coruñés colle folgos e continua afastándose do descenso. Con todo, Dani é prudente: "Temos que conseguir os seis triunfos que nos quedan. Gusta gañar pero debemos mirar cara abaixo e saber de onde vimos".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí