CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Borja Golán, subcampión de Europa: "Foi unha pena, tras remontar dous xogos, perder por pequenos detalles"

07/09/2019 - 21:49 h

O santiagués Borja Golán antendeu a Radio Galega tras proclamarse subcampión de Europa en Romanía, tras caer na final ante o alemán Raphael Kandra por 3 sets a 2.

No Galicia en goles, o campión de España declarou: "Foi unha pena porque tras remontar os dous primeiros xogos, no quinto e definitivo tiven un punto para abrir fenda e caeu do seu lado. Logo o partido estaba igualado e podía caer de calquera lado".

Golán recoñeceu que "nos dous primeiros xogos non estiven cómodo, como nos partidos anteriores. Logo xa mellorei. El tamén xogou ben e é xusto gañador. Para ser o comezo da temporada estivo ben. Só pido ter un ano libre de lesións".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí