CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Anquela: "O resultado é inxusto. Fixemos méritos para sacar algo máis"

07/09/2019 - 18:20 h

O adestrador do Deportivo da Coruña, Juan Antonio Anquela, valorou a terceira derrota consecutiva do conxunto coruñes en Liga. 0 a 1 caeu o conxunto branco e azul.

"Creo que o equipo mereceu máis do que di o resultado. Xeramos ocasións de gol, que é o que pedimos".

Anquela recoñeceu que o equipo ten moitas novidades e falta acoplalo.

"Hai necesidade de puntos e a competición non entende de tempos, pero non podemos meter presión engadida para Xixón".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí