Galicia en Goles
Bernardino González Vázquez: "Os árbitros tamén teñen gañas da volta do fútbol"
O Galicia en goles desprazouse a Ourense para falar co responsable dos árbitros galegos: Bernardino González Vázquez. O ex-colexiado declaraba: "Os árbitros tamén teñen gañas da volta do fútbol, que chegue a normalidade para todos".
Sobre os posibles ascensos dos árbitros galegos a 2ªB, Bernardino confirmou que dezasete deles realizarán a vindeira fin de semana o curso de ascenso e, finalmente, catro irán a Madrid a fin de semana do 11-12 de xullo a realizar o curso definitivo. Eses catro árbitros dirimirán os partidos do play off express dos equipos galegos que terán, como novidade, a presenza dun cuarto árbitro.
Como responsable da area de deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González lamentou a cancelación dos eventos deportivos pola Covid-19 e amosouse optimista de cara á chegada en novembro da Vuelta Ciclista a España á provincia.