CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Bea Gelpi: "Se as traiñeiras vascas comezan a adestrarse, nós tamén o solicitaremos"

07/06/2020 - 17:18 h

O Club de Remo de Ares regresa este ano á elite das traiñeiras en España. A Liga ACT xa ten calendario e todos os equipos queren arrincar a súa preparación. 

Euskadi entra mañá, ao igual que Galicia, na fase 3 da desescalada, e os seus clubs xa teñen permiso para adestrarse.

A secretaria do conxunto da Ferrolterra, Bea Gelpi, pide igualdade entre todos os competidores: "Lendo a nova lexislación, é cuestión de interpretar. O Goberno vasco considera que se pode traballar na auga, así que se as traiñeiras vascas comezan a adestrarse, nós tamén o solicitaremos".