CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Carlos David Prieto, adestrador de Javier Gómez Noya: "Javi está coa mentalidade de loitar polo título mundial"

07/06/2019 - 23:50 h

O adestrador do pentacampión mundial de tríatlon pasou polo Galicia en goles para analizar a cuarta proba das series mundiais que se celebra mañá en Leeds.

O técnico sinalou que, tendo en conta o bo rendemento que obtivo Gómez Noya nas dúas primeiras probas en que participou, o ferrolán disputará tamén algunha das probas de distancia esprinte co obxectivo de poder loitar polo seu sexto título mundial.

En canto á proba de mañá, afirmou que a presenza dos irmáns Brownlee endurecerá a carreira, algo que, en principio, debería resultar favorable para Javi Gómez Noya.