CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Bea Mateos, capitá do Burela F. S.: "A Copa de Italia xa foi espectacular, pero gañarlle ao Futsi aquí é algo especial"

06/09/2019 - 23:13 h

O Burela F. S. proclamouse campión da Supercopa de España tras derrotar o Atlético Futsi Navalcarnero por 6 goles a 2.

A capitá do conxunto laranxa, Bea Mateos, falou no Galicia en goles deste novo éxito, unha semana despois de gañar a Copa das 4 Nacións.

"Estamos moi felices. É impresionante gañar aquí ao Futsi. Non é a súa cancha, pero estabamos no seu terreo. Pero a nosa afección non ten nada que envexarlles".

Mateos recoñeceu a superioridade lucense: "Está claro que estamos un punto por enriba, dentro da nosa rivalidade. Foi o partido soñado".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí