CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Cándido Gómez: "O ascenso do Pabellón á Div. Honra Xuvenil é bo para os equipos de 3ª e para os árbitros"

06/06/2020 - 19:06 h

Analizamos o ascenso do Pabellón Ourense á División de Honra Xuvenil co seu adestrador, o veterano Cándido Gómez.

O histórico conxunto da cidade das Burgas chega á elite desta categoría de formación e o seu técnico cre que será positivo para toda a provincia.

"O ascenso á División de Honra Xuvenil será bo para os equipos ourensáns da Terceira, para que teñan xogadores en formación. Tamén é positivo para os árbitros da provincia, que poderán arbitrar máis".

"O obxectivo era manter a categoría, xa que arrincamos a temporada sen moitos xogadores que foron para os equipos grandes galegos. Pero, ás veces, con traballo e humildade dás coa tecla do máximo rendemento e acadas cousas espectaculares. Pasa como na primeira división con equipos como o Alavés, que por conxunto debería estar máis abaixo do que está".