CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Manolo Diz: "A situación impide celebrar este ano as bodas de prata da Arousa F7 Cup"

06/06/2020 - 15:42 h

No Galicia en goles de hoxe falamos dos torneos de fútbol base que se teñen que adiar pola pandemia da Covid-19. Manolo Diz é o alma máter da Arousa Fútbol 7 Cup.

"A situación impide celebrar este ano as vodas de prata da Arousa F7 Cup. Son nenos e hai que ser moi prudente. Ninguén agardaba que isto fose tan longo".

Recoñece Diz: "Setembro era unha opción, e queriamos facelo cos mesmos equipos que en maio e xuño. Pero mellor adialo. O tema dos patrocinadores tamén é chave, porque non están no mellor momento para que vaiamos pedir cartos".