CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

David de Dios: "Formar e obter resultados é difícil cando éstes non chegan e deixas de contar coa canteira"

05/06/2020 - 20:51 h

O xa ex-técnico do Xuvenil A do Celta, David de Dios, pasou polo Galicia en goles para comentar a súa saída do club olívico para buscar novos retos no Rápido de Bouzas.

De Dios conversou con Paco Santos e Roberto Carlos Carballo do Celta, da canteira e do labor de formación dos técnicos.

"É moi difícil conxugar a formación cos resultados se estes non chegan e deixas de apostar pola canteira".

Sobre a súa decisión, David foi claro: "É complicado marchar do club onde nacín, onde crecín e onde aprendín tanto, pero a oferta do Bouzas era o suficientemente atractiva para trocar de aires. Buscaba algo diferente, tratar cos xogadores máis adultos, cun trato diferente. Na canteira había tamén moita necesidade de sacar resultados. Os equipos máis pequenos tamén teñen categorías inferiores e o Rápido ten moita base".