CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Este sábado, o 'Galicia en goles' co fútbol de pretemporada na 2ª B e Terceira

04/10/2020 - 15:20 h

Desde as tres da tarde, o Galicia en goles do sábado retransmitirá os últimos partidos de pretemporada dos equipos da Segunda B e Terceira, cando falta unha semana para o comezo dos campionatos de Liga.

O Deportivo-Valladolid B será o encontro máis destacado, xunto ao resumo dos disputados pola mañá: Compostela-Pontevedra, Coruxo-Arenteiro e Atios-Celta B.

O domingo, ás doce, o programa seguirá a liga feminina co Deportivo-Real Sociedad e a Copa Federación: Tenisca-Racing de Ferrol e Bouzas-Melilla.

Desde as tres, a atención estará posta na final de Preferente entre o Viveiro e o Ribadumia.