CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Rafael Louzán "Ogallá máis cedo que tarde haxa unha galega na selección absoluta"

04/10/2019 - 21:09 h

O presidente da Real  Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, asistiu á vitoria de España contra Azerbaián en Riazor no primeiro partido de clasificación para a Eurocopa.

 

Louzán destacou a importancia deste tipo de eventos para o avance do fútbol galego " O ´fútbol femenino está crecendo moito e parte é grazas a estos eventos e á labor dos clubes, captando nenas ano tras ano"

 

O presidente da FGF tamén valorou a posibilidade de contar con xogadoras galegas no combinado nacional "Xa temos futbolistas en categorías inferiores, pero ogallá máis cedo que tarde poidamos ver a algunha na absoluta"

 

Aproveitando a desputa deste encontro en Riazor, Louzán destacou tamén a traxectoria do Deportivo femenino e a aposta firme por este deporte do  C.A. do conxunto coruñés

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí