CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

David Añón: "Gusta ver o equipo aí e queremos seguir todo o tempo que poidamos"

02/02/2020 - 19:12 h

O Coruxo continúa en postos de play off de ascenso á Segunda División tras derrotar o Sporting B por tres goles a un no Vao. Un dos grandes protagonistas foi David Añón, autor de dous goles.

"Gusta ver o equipo aí e queremos seguir todo o tempo que poidamos".

O Coruxo tivo que remontar o gol asturiano inicial para poder continuar na cuarta posición da clasificación.

Añón valorou o triunfo vigués: "No segundo tempo arrincamos mellor e merecemos a vitoria".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí