CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Anquela: "Melloramos a imaxe de Huesca. Merecemos máis, pero seguimos encaixando moito"

01/09/2019 - 20:14 h

O técnico do Deportivo, Juan Antonio Anquela, valorou a derrota do Deportivo por 3 goles a 1 en Vallecas ante o Raio Vallecano.

"Melloramos a imaxe de Huesca, fixemos cousas boas, merecemos algo máis, incluso para empatar nalgún momento".

O conxunto deportivista adoleceu dos mesmos erros do inicio de temporada. Anquela recoñecía os problemas defensivos.

"Estamos concedendo moitos goles. Está claro que é un problema. Na segunda división non se poden cometer. Non é cousa da defensa, é de todos. Temos que aprender e mellorar. Mellor que aconteza agora que máis adiante, pero debemos saber o que significa este escudo. É normal que a xente estea enfadada coa imaxe do equipo".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí