CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Preparamos os especiais de 'Galicia en goles' e 'Ao contraataque'

01/09/2019 - 15:13 h

A primeira semana da nova programación da Radio Galega trae tamén edicións especiais dos programas deportivos.

O mércores, ás oito menos cinco do serán, pola web radiogalega.gal e a aplicación para o móbil, Toni López García conduce as retransmisións da final da Copa Federación e domemorial Rivera. Roberto Carlos Carballo contará desde o campo do Baltar, en Portonovo, o partido polo título autonómico entre a S. D. Compostela e o Ourense C. F. Mentres, Andrés Vieites estará na Malata co partido benefico entre o Racing de Ferrol e o Deportivo da Coruña.
Xa o xoves, Pedro Pablo Alonso traslada o estudio de Ao Contraataque ao salón rexio de A Sede do Celta, con entrada gratuíta para todos aqueles seareiros que queiran asistir en directo á emisión. Un dos convidados xa confirmado é o futbolista de moda neste comezo de temporada, Denis Suárez. A cita, o xoves ás once da noite.
Lembramos que o luns comeza a programación de outono-inverno da Radio Galega e que a oferta deportiva é a seguinte:
De luns a venres, ás tres da tarde, Zona mixta.
De luns a xoves, ás oito e media do serán, os deportes en A crónica.
De domingo a xoves, de once a doce noite, Ao contraataque.
Galicia en goles copa a fin de semana. Os venres, de oito e media a doce; os bados, de tres a once; os domingos, de doce a dúas e de tres a once da noite.
Ademais, os bados hai Convivir deportivo á unha da tarde, Gas a fondo ás once da noite e media hora máis tarde comeza Galicia en Toquio.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí