CRTVG

Buscar

Ferrado e Medio

Nace a marca Faba Verdina de Galicia

23/06/2019 - 07:18 h

A marca Faba Verdina de Galicia naceu hai uns días. Tres agricultores profesionales da Mariña integran una agrupación de produtores que impulsan esta marca colectiva que busca darlle maior visibilidade a este produto, proxectar a súa comercialización e lograr mellores prezos.

Aseguran que a marca permite caracterizar o produto, identificar a sua procedencia, establecer un control de trazabilidade e darlle un maior valor engadido, e confían que ese valor lles permita encontrar novos nichos de mercado sen renunciar aos actuais.

Os agricultores Rocío Maseda, de Mondoñedo; Jesús Monasterio, de Trabada, e Alfonso Cartoy, con leiras en Lourenzá, son os impulsores desta iniciativa.

Actualidade do agro con Xusto López Carril