CRTVG

Buscar

Este venres, o Sevilla-Celta, na Radio Galega

A terceira xornada da Liga de fútbol na primeira división comeza o venres 30 de agosto co partido no nchez Pizjuán entre o Sevilla e o Celta de Vigo.

Desde as sete da tarde, Pedro Pablo Alonso dirixe unha edición especial de Galicia en goles, que se prolongará ata a medianoite. Ata a cidade hispalense desprázase Roberto Carlos Carballo para retransmitir os noventa minutos de xogo, arroupado nos comentarios por Víctor López e Jorge Paz.

Tras as dúas primeiras xornadas de campionato, o Sevilla comparte o liderado co Atlético de Madrid, tras sumar seis puntos. O Celta, mentres, afronta a primeira saída do curso tras derrotar ao Valencia o pasado bado e perder ante o Real Madrid na estrea ligueira. 

Logo desta finde semana, a competición parará polos compromisos internacionais da selección española e ata o domingo 15 o equipo de Escribá non volverá xogar, será ante o Granada en Balaídos.

A retransmisión do Sevilla-Celta poden seguila os oíntes a través da FM, a TDT, a web radiogalega.gal, a aplicación para o móvil e tamén na canle de audio de Movistar La Liga, televisión propietaria dos dereitos.

Na fin de semana, as retransmisións comezan o bado ás doce do mediodía co Celta B-Melilla en Barreiro. Desde as tres, a edición da tarde estará dedicada ao derbi da Segunda B entre o Racing de Ferrol e o Pontevedra, xunto á presentación do Breogán ante o Benfica e as semifinais da Copa Galicia de balonmán.

domingo tamén haberá programa dobre de Galicia en goles. Desde as doce do mediodía o protagonismo será para os encontros da terceira galega, mentres que a partir das tres da tarde a Segunda División copará o protagonismo co Raio Vallecano-Deportivo e o Lugo-Alcorcón.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí