CRTVG

Buscar

Destacados

Este martes, a Radio Galega retransmite a final de Adrián Ben

30/09/2019 - 12:40 h

O atletismo será protagonista este martes na programación da Radio Galega.

Adrián Ben disputa en Doha a final do Mundial na proba de 800 metros. Desde 1991, a selección española non clasificaba a un atleta para pelexar polas medallas desta disciplina.

A Crónica adicará as oito e media da tarde boa parte do espazo de Deportes á previa da carreira, que comeza ás nove e dez da noite. Minutos antes, Toni López García conducirá con Celia Rúa a retransmisión da proba, apoiados por especialistas no atletismo. Ademais, Raúl Villares contará desde a vila natal de Adrián Ben como viven os seus veciños esta final histórica, a través dunha pantalla xigante instalada na Praza Maior.

A partir das once da noite, Ao contraataque resumirá todo o sucedido en Doha, ademais de contar a última hora do deporte galego nesta xornada.

Cortes dos diferentes programas da RG
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí