CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Teatro millennial en Ourense e un Hamlet executivo en Carballo

27/10/2019 - 09:30 h

O FITO de Ourense péchase este domingo con Generación Why, un retrato das incertezas dos millennials, de Teatro en Vilo, compañía da que forma parte agalega Noemí Rodríguez.

A compañía portuguesa Chapitô leva ao FIOT de Carballo a súa Inadaptación de Hamlet. Unha versión en clave de comedia negra en que as intrigas do reino de Dinamarca se converten na corrupción e a loita polo poder no seo dunha multinacional do século XXI.