CRTVG

Buscar

Diario Cultural

A violencia contra as mulleres no cancioneiro popular galego

26/11/2020 - 10:43 h

A sala de exposicions do pazo de San Marcos acolleu unha 'performance' en que música tradicional danza contemporánea confluíron para chamar á reflexión sobre os mecanismos de normalización das violencias machistas e das desigualdades entre homes e mulleres.

No espectáculo, coordinado por Branca Villares, interpretáronse pezas do cancioneiro tradicional e popular que "poden supoñer apoloxía da violencia contra as mulleres ou que dalgún xeito contribuén a perpetuala e a normalizala".