CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Comeza Elas son artistas, un festival pola igualdade

24/05/2019 - 10:30 h

Comeza a segunda edición do festival 'Elas son artistas' pola igualdade na música e nas artes. Seis concellos da área metropolitana da Coruña énchense de música en feminino dende hoxe atas o 2 de xuño. No Diario Cultural falamos con Bea Camiña, organizadora do festival; con Iseo Agilda, cantante de Blues do País; e con Lucía Veiga, de Izquierdo Sisters. 

"Aínda queda moito por facer, nunha ocasión chamáronnos 'as mozas dos músicos'", recorda Iseo Agilda.

"Neste sector estamos á cola, pelexando polo que é noso, pedindo igualdade de oportunidades para demostrar que o noso traballo pode ter a mesma calidade que o dos nosos compañeiros", engade.

A falta de referentes femininos no sector cultural dificulta que as novas xeracións decidan seguir ese camiño porque "soñamos o que aprendemos a soñar".

"O día que non sexa necesario facer festivais só de mulleres para conseguir visibilidade, entón haberá igualdade. Mentres, hai moito por facer", asegura Lucía Veiga, de Izquierdo Sisters. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí