CRTVG

Buscar

Diario Cultural

O Cineclub Padre Feijoo celebra o seu 50 aniversario

22/09/2020 - 17:31 h

Cincuenta anos desde o inicio de todo na escola de maxisterio Padre Feijoo e cincuenta filmes para festexar medio século de existencia. Así celebran no Cineclube Padre Feijoo o seu 50 aniversario.
A principios do curso 1970-71 naceu, como actividade cultural dentro da Escola de Maxisterio da que toma o seu nome; o Cineclube Padre Feijoo, herdeiro da tradición cineclubista na cidade.