CRTVG

Buscar

Diario Cultural

A loita de Clara Campoamor polo sufraxio feminino, agora traducida ao galego

22/07/2019 - 10:31 h

As mulleres españolas non tiveron recoñecido o dereito ao voto ata o 1 de outubro de 1931, grazas en boa medida á deputada Clara Campoamor.

A editorial Galaxia traduce agora ao galego O meu pecado mortal. O voto feminino e mais eu, o libro de 1936 en que Campoamor explica a súa loita polo voto feminino e as críticas e ataques que lle supuxo.

Conversamos con Celia Pereira Porto, autora dun estudo introdutorio en que tamén se explica a actitude dos deputados galegos, e coa tradutora María Reimóndez.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí