CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Paisaxes en extinción

22/01/2020 - 10:50 h

 

A xornada 'O estado da danza en Galicia' celebrada no Consello da Cultura Galega evidenciou unha paisaxe negra na última década para as artes do movemento en Galicia. O director da AGADIC anunciou publicamente que se eliminará a figura de director/a do Centro Coreográfico Galego, ademais da redución do seu orzamento en máis dun 65%. Tamén recoñeceu que apenas hai difusión da creación de danza en Galicia.
Un dos escasos soportes de información e documentación para a danza e o conxunto das artes escénicas, a Revista Galega de Teatro, chega ao seu número 98 coa alarma da posible desaparición ante a falta de apoio público.
Reflexionamos sobre as agresións ao ecosistema da arte escénica galega hoxe e apuntamos posibles vías sobre a coordinación neste ámbito é o dereito cidadán de acceso á cultura escénica diversa.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí