CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Continuamos celebrando o 250º aniversario do nacemento de Beethoven

20/01/2020 - 10:50 h

Un luns máis, o noso especialista en música clásica, Luis Miguel Crespo, chega con novas recomendacións:

Continuamos coa celebración do 250 aniversario de L.v. Beethoven coñecendo un pouco máis a súa figura e as súas obras, e facémolo tendo como referencia os concertos desta semana da Real Filharmonía de Galicia, nos que a obra de Beethoven estará presente. Este xoves 23 no Auditorio de Galicia de Santiago e o venres 24 no Auditorio Afundación de Pontevedra, ás 20:30h, baixo a batuta da directora australiano-británica Jessica Cottis, a orquestra compostelá interpretará fragmentos do ballet As Criaturas de Prometeo de Beethoven, xunto coas Danzas Concertantes de Ígor Stravinski, e o Concerto de Aranjuez de Joaquín Rodrigo, co afamado guitarrista vasco Enrike Solinís de solista.

As Criaturas de Prometeo é un ballet con música de Beethoven e coreografía de Salvatore Viganó, un dos máis famosos coreógrafos da época, director do Ballet de Viena. Trata o mito de Prometeo na descrición que Platón fai do mesmo no seu libro de xuventude Protágoras. É a única incursión de Beethoven na música para ballet, e nel podemos escoitar por primeira vez varios temas que logo volverá utilizar nas súas Sinfonías nº 1 e Sinfonía nº 3, ademais de noutras composicións. Serviulle tamén este ballet para canalizar unha idea que para el era fundamental na música: o seu carácter de socialización, de como a música serve para facer mellores os seres humanos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí