CRTVG

Buscar

Diario Cultural

'The Waylanders' é o novo proxecto de Gato Studio, a maior empresa de videoxogos en Galicia

19/08/2020 - 14:56 h

The Waylanders será o quinto título de Gato Studio e o seu proxecto máis ambicioso ata o de agora, unha revisión máxica do Camiño de Santiago, con saltos no tempo incluídos.

The Waylanders é un RPG de espada e bruxería que bebe de moitos dos clásicos do xénero como Dragon Age: Origins. A súa ambientación está centrada en dous momentos temporais, celta e medieval, xogando coa dicotomía mundo máxico (pagán) e tradicional (cristián) que se verá reflectido perfectamente na ambientación cromática que identificará cada era, pero sempre con localizacións inspiradas en Galicia e o noroeste peninsular.