CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Na sala de exposicións do Castelo de Pambre pódese visitar a mostra 'Pintor no taller', de Xabier Correa Corredoira

17/02/2020 - 17:49 h

 

Trátase da primeira dunha serie de exposicións dos artistas que integraron o grupo Atlántica e que finalizará no outono cunha retrospectiva de todo o grupo, que teñén como escenario este espazo.
Estas exposicións están organizadas no castelo de Pambre polo Instituto de Estudos Ulloáns.
Correa Corredoira é por traxectoria e oficio un creador de referencia na plástica galega contemporánea. Cunha traxectoria que inicia nos anos setenta vinculado a colectivos como a GALGA, colectivo que se crea co afán de modernizar e liberalizar a arte daquel momento. A principios dos oitenta, integrase na ceación do colectivo Atlántica, co que participa nas mostras de Baiona, Madrid, Salvaterra do Miño e Compostela. Posteriormente constitue xunto a outros artistas coruñeses, a emblematica galeria GrupOrzán, fundamentada nunha votande democratizadora do mercado artístico.
Pintor, gravador, debuxante, muralista o seu amplisimo rexistro como creador plástico está impregnado do espíritu dun creador libre e independente, cunha obra de caracter figurativo, baseada na  sua necesidade de pintar vendo o mundo, na que o espazo e sobre todo o papel da cor son fundamentais.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí